Monday 29 de April de 2024

O Concello, a piques de completar a instalación da iluminación #do Nadal en todas as parroquias


Ademais dos adornos e luces, o goberno local anima a todos os veciños e veciñas a decorar os seus balcóns e xanelas.

A situación sanitaria da COVID-19 impedirá celebrar, este ano, a tradicional Cabalgata de Reyes e as visitas de Papá Noel e O Apalpador aos centros de ensino. Con todo, co obxectivo de insuflar ánimo aos veciños e veciñas e de encher o municipio de maxia, o Concello está a piques de completar a instalación da iluminación do Nadal, que nesta ocasión chegará a todas as parroquias.

Ademais dos adornos e luces, desde o Concello animan a todos os veciños e veciñas a decorar os seus balcóns e xanelas para facer que este Nadal sexa única e diferente. O executivo agradece “a grande implicación e esforzo” do persoal do departamento de Obras, que deseñou uns bonecos do Nadal que se sitúan en puntos estratéxicos do municipio co obxectivo de promover, aínda máis, o espírito do Nadal.

As súas Maxestades de Oriente

Atendendo á evolución epidemiolóxica da COVID-19, tomouse a decisión de non celebrar a Cabalgata de Reyes e a recepción de Papá Noel. Con todo, o Concello poñerá en marcha varias iniciativas para que os nenos e nenas poidan facerlles chegar as súas peticións tanto a Papá Noel como aos Reis Magos.